miércoles, 23 de octubre de 2019

STAJ solicita a convocatoria de máis sesións de reforzo de videoconferencias nas cidades e nas vilas

Onte presentamos escrito dirixido á Dirección Xeral de Xustiza no que se solicita que fagan máis convocatorias das sesión de reforzo do sistema de videoconferencias ao quedar persoal fóra da convocatoria do 25 de outubro nas cidades e que se convoquen as mesmas sesións nas vilas. 

Este tipo de formación ten unha gran demanda por parte do persoal que emprega o sistema de videoconferencias diariamente e debe ser accesible a toda e cada unha das persoas que están interesadas en dominar o manexo deste sistema.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.