lunes, 2 de septiembre de 2019

STAJ pide una sala de espera digna e una sala de vistas exclusiva para o Xulgado de Violencia de Pontevedra

O pasado xoves mandamos sendos escritos a Dirección Xeral e máis á Maxistrada Decana, co seguinte literal:

Coa próxima inauguración, o día 3 de septembro, do novo Edificio Xudicial de Pontevedra e a súa posterior ocupación ao longo do mes de outubro, o edificio que actualmente está en servizo, e no que quedan ubicados tan solo os órganos da xurisdicción penal, máis fiscalía e o Imelga, quedará con espazo de abondo para que o Xulgado de Instrucción nº3, que é o competente en materia de Violencia de Xenero, conte coas instalacións adecuadas e con  espazo suficiente ( sala de espera) para desenrollar a súa competencia cumplindo coas esixencias que dispón a Lei en canto o dereito das vítima, cando sexa chamada a declarar, a reunirse cos seus abogados en privado, a súa protección integral, que abrangue a protección da súa integridade física, da súa identidade e intimidade, asi como a separación física e visual do investigado cando estén en dependencia xudiciais.

Solo nas circunstancias actuais de falta de espazo se pode entender que este Xulgado conte cunha  sala de espera tan reducida e tan mal situada, poi está ao caron do pasillo, para que a vítima se reuna cos seus abogados, donde apenas collen dúas persoas e donde é imposible instalar a dúas vítimas a vez, é sabido que moi a menudo se xuntan na mesma mañan ata cinco casos deste tipo. Tamen solo nestas circunstancias se entende que este órgano xudicial no conte cunha Sala  de vistas exclusiva para que se axilicen os trámites e non teñan que esperar horas a que se veleire a Sala que agora comparten con máis xulgados.

Esa circunstancia se falta de espazo desaparecerá en breve, e o idóneo é que na mesma planta no que está ubicado o  Xulgado de Violencia de Xénero, este conte cunha sala de espera amplia e con medios materiais suficiente que permitan desenrollar o disposto na Lei sen dificultade e que permita a atención de varias vítimas a vez. Esa mesma circuntancia de falta de espazo xa non se pode utilizar como xustificación para que esta Xulgado non conte cunha Sala de Vistas en exclusiva, situada tamén na planta na que se ubica. Sería moi difícil de explicarlle aos profesionais, á opinión pública e ás propias vítimas que habendo espazo dabondo no edificio non se utiliza parte do mesmo en contar cunhas instalación adecuadas e ben situadas para atender en condicións dignas ás vítimas desta clase de delitos, nos que a sociedade lle pide maior implicación aos poderes e institucións públicas.

Pontevedra  29 de agosto de 2019.


 STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.