viernes, 30 de agosto de 2019

Traslado dos xulgados e demáis servizos e oficinas ao novo edificio xudicial de Pontevedra

Como sabedes o vindeiro martes dia 3 de setembro as 11:30 horas inaugurase o novo edificio dos xulgados de Pontevedra.

Fai uns dias visitaron a instalación os Letrados/as da Admón de Xustiza (os representantes sindicais non coñecemos esas instalacións despois de pedlo varias veces) e lles manifestaron que o traslado ia a empezar a primeira semana de outubro cos 3 xulgados do Contencioso, que se faría o traslado de dous órganos por semana e que seguirían os xulgados do Social, os do Mercantíl e por último os de Civil, deixando unha semana enteira para o nº 4 xa que conta co Rexsitro Civil.

Os Servizos de Notificacións e Embargos e Rexistro e Reparto serán dos últimos en trasladarse e non temos información de que vai a pasar co Decanato ( para as súas instalacións está previsto que suba o Imelga) nin con Atención ao Cidadán e a Vítima que non nos din se quedan como están ou vai algún dos dous integrante para o edificio novo. Si sabemos que finalmente Fiscalia( seccións civil, penal e menores) van ocupar a 3ª planta, non a 4ª como acordaran nun principio, na 5ª quedan os Fiscais.

Por información que nos facilitou o Xefe Territorial da Conselleria de Xustiza,  e tal como STAJ pedira en varias ocasións, cambiarase todo o mobiliario por outro novo, tanto dos xulgados e demáis servizos e oficinas que se trasladen.

Según vaiamos coñecendo máis cousas irémosvos informando.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.