miércoles, 14 de agosto de 2019

STAJ pide vixiancia e seguridade permanente no xulgado de garda de Pontevedra

Dende fai anos hai un problema coa vixiancia e seguridade no xulgado de garda de Pontevedra, xulgado que como ben é sabido, ten una entrada exclusiva e distinta a entrada principal do edificio xudicial da Parda, e que ante a falta de persoal suficiente para prestar servizo nas dúas portas de entrada, sempre se priorizou a entrada principal e deixase de lado a entrada e o propio xugado de garda, que non conta con persoal de seguridade e vixiancia de xeito continuado durante a  toda  a xornada laboral de mañan e tarde, ademais de non ter nin arco nin scanner dectector de metais.

Este problema agravase durante a tempada de verán polas vacacións do persoal da Policia Nacional, dando lugar a que pola mañan estea de xeito intermitente unha persoa e pola tarde ata as seis non preste servizo ninguén no xulgado de garda, emperorando a situación   os sabados a mañan, pois a única persoa que está de vixiancia, está ata as 13 horas na porta principal, hora en que cerra o Rexistro Civil e nese momento pasa a facer a súas funcións na porta do Xulgado de garda.

Debemos ter en conta que ademais de controlar os accesos e de vixiar as instalacións en horas nas que solo funciona o xulgado de garda, tamen de debe  garantizar a seguridade dos funcionarios que ali prestan servizos ( xuices, fiscais, letrados, médicos forenses e corpos xerais da Admón de Xustiza), dos abogados e procuradores  e dos propios cidadáns que como perxudicados, ofendidos, ou como testigos ou acompañantes deben acudir a facer distintas dilixencias, moitas veces no mesmo momento en que se tramitan tamén dilixencias cos presuntos autores e investigados, o que supón un alto risco de enfrentamento entre eles, máxime se non hai presenza policía ou de persoal de seguridade  privada.

Este problema, do que xa lle pedimos solución por varias veces a esa Dirección Xeral, pode empeorar cando empece a funcionar o novo edificio xudicial, todo apunta a que será en outubro, e se traslade para alí o Rexistro Civil, xa que esa persoa que na actualidade debe compartir a vixiancia e control de accesos no edificio novo por mor de estar o Rexistro Civil aberto, coa  vixiancia e control de accesos do xulgado de garda, non podera facer ambas cousas coas minimas garantías ao tratarse de edificios distintos e suficientemente distantes  para que sendo necesaria a súa   intervenccion non poida chegar coa inmediatez que se precisa nestes casos, tamén consideramos que o efecto disuasorio, que se lle presume a presencia policial ou de persoal de seguridade, desaparece ao non atoparse ninguén facendo esas funcións, quendo os traballadores/as e usuarios totalmente desamparados en caso de actuacións violentas .


Consideramos por tanto que se debe contratar persoal suficiente para que no xulgado de garda estea sempre unha persoa, ben sexa policía ou persoal de seguridade privada, facendo de xeito permanente e en exclusiva labores de seguridad e vixiancia durante toda a xornada que dura o servizo de garda. Está en xogo a integridade física dos funcionarios e funcionarias que ali traballan, das vítimas e demais usuarios da Admón de Xustiza, non desestimemos o riscos, os traballores/as deben ser protexidos no desempño das suas funcións e na defensa dese dereito chegaremos donde sexa necesario.
Ver escrito completo

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.