lunes, 10 de junio de 2019

A "montaxe " urdida pola Xunta máis SPJ-USO, UGT e CCOO

Como vos dixemos en varias ocasións, non había nada de certo, todo saliu da maliciosa inventiva dos tres Sindicatos coa inestimable colaboración da Xunta de Galicia, quizais co gallo de agradecerlle a súa fidelidade, como fixeron co “maravilloso” plan de actuación cando o tiveron parado varios meses, e o reactivaron para facelo coincidir coas eleccións sindicais.

Nunca houbo negociación  sobre a Carreira Profesional, primeiro porque se houbese algún tipo de negociación tiña que levarse a cabo na Mesa Sectorial con tódolos sindicatos,  segundo porque o complemento de Carreira Profesional é de carácter nacional, débese regular por Real Decreto, non é competencia das CCAA, e  terceiro porque a Xunta de Galicia nunca tivo a vontade de poñer un euro para a nosa Carreira Profesional, nin para un Plan de Actuación como fixeron en Valencia, que para eso sí ten e tiña competencia e  poidose facer hai anos e  se pode facer na actualidade, pero nunca quixo, nin quere.

Todo foi maliciosamente elaborado para poñer en valor un mal Acordo que nese punto concreto é papel mollado, e de paso intentar que os “sindicatos domesticados” a base de subvencións e cursiños, sacasen mellor resultado o vindiero día 19 de xuño nas eleccións sindicias. O plan era ese, deixar entrever que se negociaba e despois das eleccións decir que se intentou pero que non puido ser, sabendo todos de antemán que esas reunións, con cargos da Xunta sin poder para decidir, non iban a ningún sitio.

Coa reforma que auspiciou STAJ, a Carreira Profesional  tense que regular por Real Decreto, e nesa norma debese determinar os criterios, os requisitos e a contía inicial que debe ser igual para tod@s sexa cal sexa o seu lugar de destino, ESTO É O QUE DI A LOPX. Antes de nada debe constituirse o novo Goberno para empezar a negociar ese Real Decreto, e estamos seguros que a Carrera profesional na Adminsitración de Xustiza vai chegar antes e con mais cartos negociando co Goberno Central, que se fose competencia  da Xunta de Galicia.

Despois de semanas de mentiras e de botarnos a culpa aos demáis da falta de resutados desa ficticia negocación, agora UGT, quizás porque se diu conta que de seguir con esa “película” o máis beneficiado podería ser  SPJ-USO, saca unha nota informativa decindo que TODO É UN PARIPÉ E QUE  SE NEGA A SEGUIR  PARTICIPANDO. 

Pola súa banda SPJ-USO, como en tantas ocasións fai, intenta colgarse unha medalla, tratando de convencer,  que a carreira profesional chegará aos funcionarios de xustiza galegos gracias ao acordo que firmou o ano pasado, cando sabe perfectamente que ten que  negociarse en Madrid na Mesa Sectorial Nacional, onde non ten presencia por falta de representación, pero claro, se recoñece isto perde o protagonismo que tanto lle gusta.

Tal confabulación resulta tan despreciable, di tanto do indecente proceder e dos poucos escrúpulos destes persoaxes, que seguro nos voltarian a vender ao pouco que tiveran oportunidade.

Son estes os representantes que merecedes? Queredes que vos sigan representando xente que e capaz de chegar a esto?.

Pois na vosa man está, vos decidides!!!

A continuación deixamos a nota de UGT, non ten desperdicio.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.