viernes, 5 de abril de 2019

Entrada en vigor do Real Decreto Ley 6/2019 de ampliación do permiso de paternidade

O día 1 de abril de 2019 entrou en vigor o aumento do permiso de paternidade recollido no Real Decreto Lei 6/ 2019.

Como sabedes, o pasado 7 de marzo de publicou no BOE o Real Decreto Lei 6/2019 de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, que modifica o Estatuto Básico do Empregado Público introducindo unha nova disposición transitoria novena, ampliando o permiso de paternidade de forma gradual.
Permiso por paternidade do  art. 49  c) do E. B.E. P.

" a) En 2019, a duración do permiso será de oito semanas; as dúas primeiras semanas serán ininterrompidas e inmediatamente posteriores á data do nacemento, da decisión xudicial de garda con fins de adopción ou acollemento ou decisión xudicial pola que se constitúa a adopción. As seis semanas restantes poderán ser de goce interrompido; xa sexa con posterioridade ás seis semanas inmediatas posteriores ao período de descanso obrigatorio para a nai, ou ben con posterioridade á finalización dos permisos contidos nos apartados a) e  b) do artigo 49 ou da suspensión do contrato por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento.

b) En 2020, a duración do permiso será de doce semanas; as catro primeiras semanas serán ininterrompidas e inmediatamente posteriores á data do nacemento, da decisión xudicial de garda con fins de adopción ou acollemento ou decisión xudicial pola que se constitúa a adopción. As oito semanas restantes poderán ser de goce interrompido; xa sexa con posterioridade ás seis semanas inmediatas posteriores ao período de descanso obrigatorio para a nai, ou ben con posterioridade á finalización dos permisos contidos nos apartados a) e  b) do artigo 49 ou da suspensión do contrato por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento.

c) Finalmente en 2021, a duración do permiso será de dezaseis semanas; as seis primeiras semanas serán ininterrompidas e inmediatamente posteriores á data do nacemento, da decisión xudicial de garda con fins de adopción ou acollemento ou decisión xudicial pola que se constitúa a adopción. As dez semanas restantes poderán ser de goce interrompido; xa sexa con posterioridade ás seis semanas inmediatas posteriores ao período de descanso obrigatorio para a nai, ou ben con posterioridade á finalización dos permisos contidos nos apartados a) e  b) do artigo 49 ou da suspensión do contrato por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento."

Esta medida entrou en vigor a partir do 1 de abril do 2019, sen prexuízo de que teña que ser validado polo Congreso no prazo máximo de trinta días.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.