lunes, 11 de febrero de 2019

Ultima hora INTRANET: nota informativa sobre criterios de cese e tomas de posesión no concurso de traslados

A Dirección XEral acaba de colgar na INTRANET a seguinte nota informativa

"O vindeiro 19 de febreiro publicarase no BOE e no DOG a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado mediante a Resolución do 6 de xullo de 2018.
Conforme a dita resolución, infórmase do seguinte:

1.- Ceses  
  • Tramitación Procesual e Administrativa: o 22/02/2019.
  • Xestión Procesual e Administrativa e Auxilio xudicial: o 26/02/2019.
2.- Tomas de posesión

O persoal adxudicatario de prazas na mesma localidade onde prestan servizos disporán de 3 días naturais para a súa incorporación ao novo destino e de 8 días se hai cambio de localidade, e 20 días naturais ou un mes segundo a comunidade de procedencia.
Os prazos empezan a contar dende o día seguinte á data do cese.  
No caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza de outro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.

3.- Formalización dos ceses e tomas de posesión
Tanto os ceses como as tomas de posesión realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente.
 
Xefatura Territorial da Coruña,
Servizo de Xustiza,
Praza de Luís Seoane, s/n,
Edificio Administrativo Monelos,
15008 A Coruña.
Tfno. 981184472/981184456
 
Xefatura Territorial de Lugo,
Servizo de Xustiza,
Rolda da Muralla, nº 70,
27071 Lugo.
Tfno. 982294308/982294360
 
Xefatura Territorial de Ourense,
Servizo de Xustiza,
Paseo da Habana, nº 79,
32004 Ourense.
Tfno. 988386408
 
Delegación Territorial de Vigo,
Servizo de Xustiza,
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar,
36201 Vigo (Pontevedra).
Tfno. 986817716/986817788
 
Por cuestión organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 horas, e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00 horas, de luns a venres.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade, ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión, sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución de adxudicación.

4.- Substitucións e comisións de servizo
1. Persoal funcionario titular, que obtivo praza no concurso, e que está desempeñando unha substitución en órganos desta comunidade autónoma :
- Poderá continuar na substitución ata que se incorpore (de forma efectiva) a persoa titular do posto ou finalice a causa que motivou a substitución, e así o solicite previamente.
2. Persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso, e que está desempeñando unha comisión de servizos en órganos desta comunidade autónoma:
- Poderá continuar na comisión de servizos na correspondente praza se esta non foi adxudicada no concurso de traslados.
3. Exceptúase da posibilidade de permanencia na substitución ou comisión de servicios ao persoal que obtivese unha praza no concurso de traslados como consecuencia do reingreso no correspondente corpo.
4. Ao persoal adxudicatario dunha praza no concurso que opte por continuar na substitución ou comisión de servizo non lle será de aplicación o prazo posesorio previsto no punto. 3
5. No caso de que nun mesmo órgano,  concorran varias substitucións en prazas adxudicadas no concurso e teña que finalizar algunha/s delas como consecuencia da resolución do concurso, manterase a que, de conformidade cos criterios establecidos na Resolución do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, teña mellor dereito.
6. O persoal en comisión de servizos cesará coa toma de posesión da persoa adxudicataria da praza. No caso de que nun mesmo órgano concorran varias comisións de servizos e teña que finalizar algunha/s delas como consecuencia da resolución do concurso, aplicaranse os criterios de adxudicación que rexeron na respectiva convocatoria (apartado quinto da dita resolución), para determinar quen ha de cesar ou continuar, no seu caso, na comisión.
 
5.- Persoal interino
1. O persoal funcionario interino que ocupe unha praza que fose adxudicada no concurso cesará de conformidade co previsto no artigo 21 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Se  houbese máis dun funcionario/a interino no mesmo órgano, o cese se producirá aplicando os criterios de cese fixados no mesmo artigo.
2. Porén, no caso do persoal interino que ocupe prazas afectadas polo proceso de consolidación, cesará cando a praza en cuestión fose provista no concurso de traslados, de conformidade co previsto na disposición adicional cuarta da dita Orde do 4 de outubro de 2018. No caso de que nun mesmo órgano  houbese varias destas prazas e non se cubrira algunha ou varias delas, se aplicarán os criterios de cese previstos no artigo 21  da citada orde para determinar quen ha de cesar ou continuar, no seu caso.
 
6.-  Desfrute de vacacións, permisos e licenzas
            O persoal que obtivese praza no concurso e se atope desfrutando de vacacións, permisos ou licenzas cesarán o primeiro día natural tras o seu desfrute. Así mesmo, aqueles funcionarios que tivesen concedido un permiso ou licenza pendente de desfrutar, deberán solicitalo de novo.
 
7. – INFORMACIÓN IMPORTANTE:
 
Documentación e trámites necesarios
 
  • Persoal procedente de fóra da comunidade autónoma de Galicia
 
O día seguinte ao cesamento no destino de orixe, deberán achegar a Xefatura territorial que corresponda mediante correo electrónico a seguinte documentación (fotocopia DNI, ficha de recollida de datos (persoais e bancarios) e a fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores a 01/01/2011) e tarxeta de MUGEJU.
O resto da documentación poderán presentala na delegación correspondente o día da toma de posesión.
 
  • Fotocopia do DNI
  • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta de MUGEJU
  • Certificado de haberes
  • Certificado ou copia dos trienios recoñecidos.
  • Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan. A certificación deberá de indicar os días de asuntos particulares xa desfrutados, con indicación do ano (os correspondentes a 2019 e os adicionais de 2017 e 2018).
  • Modelo 145 (IRPF)
 
 
 
  • Persoal con destino na comunidade autónoma de Galicia
 
 
  • Persoal que obteña destino fóra da comunidade autónoma de Galicia
O persoal que obteña un novo destino fóra da comunidade autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento, deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario, asinando o impreso acreditativo de tal circunstancia.  

No caso de non ter que formalizar cesamento algún por reingresar fóra da comunidade autónoma nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a tarxeta será entregada presencialmente ou por correo postal ao correspondente servizo de persoal de xustiza, no enderezo sinalado no punto 1 desta nota informativa."



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.