viernes, 11 de enero de 2019

STAJ solicita a actualización dos días de asuntos propios no OPAX

Como ben sabedes, o 29 de decembro do 2018 publicouse no BOE a reforma da LOPX que entraba en vigor ao día seguinte, no relativo ao disfrute dos días de asuntos propios do 2017 e 2018 e aumentaba a 9 os días de 2019.
Pois dende o día 30 de decembro a Dirección Xeral aínda non actualizou o OPAX para poder visualizar e poder disfrutalos días dispoñibles para o ano 2019. Adiantamos que outros territorios con competencias transferidas xa o fixeron e o persoal ten dispoñible no seu sistema os días que poden disfrutar durante o ano 2019.

STAJ presentou onte un escrito  solicitando que se actualice o OPAX e poidamos visualizar os días dispoñibles para este ano 2019 así como instando á convocatoria dunha reunión urxente entre as organizacións sindicais e a Dirección Xeral para  establecer criterios de aplicacións comúns no disfrute dos mesmos


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.