miércoles, 12 de diciembre de 2018

Recoñecemento dos accidentes de traballo. Tramitación, axudas e prestacións.

OUTRO TEMA IMPORTANTÍSIMO conseguido por STAJ, tras varias denuncias á inspección de traballo, e histórico para o noso colectivo, é que xa se van a investigar e recoñecer os accidentes de traballo e tódalas prestacións, axudas, indemnizacións, licenzas e subsidios que existen para este tipo de accidentes, e que ata agora a Xunta non recoñecía, nin investigaba nin contabilizaba.

Esta investigación levaraa a cabo o servizo de prevención, quen NUNCA VAI A CUESTIONAR un parte de baixa de accidente laboral (o cal é beneficioso para nós, pois como sabedes a mutua da Seg. Social si que adopta decisións ás veces contrarias ás adoptadas polo médico correspondente). Por este motivo e, dado que teñen que investigar os accidentes de traballo, abriron unha páxina nova na INTRANET na que explican “como temos que actuar no caso de que teñamos un accidente de traballo”.

Recomendamos en caso de sufrir accidente laboral ou “in itinere” actuar da seguinte maneira:

1. Ir rápidamente ao médico e si estende baixa, que sinale cunha “x” a casiña de que é por accidente de traballo.- Esa baixa xunto cun escrito no que se faga constar: onde, cando e como se produciu o accidente e outro no que se solicita LICENZA DE BAIXA POR ACCIDENTE LABORAL, remítese á Delegación Territorial.

2. Unha vez recibida a LICENZA debemos controlar que foi expedida por accidente laboral, e xa temos acceso a toda unha serie de prestacións que nos praporciona a MUGEJU, pero para ser beneficiarios se nos debe recoñecer previamente un accidente de traballo polo empleador, e decir a Xunta, e son as seguintes:

Asistencia sanitaria aínda que non se tramitase a súa alta na MUGEJU (para alguén que acaba de tomar posesión do cargo recentemente aprobada a oposición), é o que se chama “alta de pleno dereito”, que durará desde o momento uno en que se produciu o accidente ou se diagnostique a enfermidade e mentres non sexa dado de alta.

• E sempre que garde relación co accidente: cirurxía estética, toda clase de prótese, órtosis e demais prestacións complementarias así como carácter gratuíto da prestación FARMECEUTICA que sexa precisa.

• Subsidios por incapacidade temporal para a prestación do servizo.

•  PRESTACIÓNS DE RISCO durante o embarazo e a lactación, ambas aparecen conectadas coa anterior (situación de incapacidade temporal). E, esta circunstancia dáse cando a funcionaria afectada debendo de cambiar de posto de traballo por outro que lle sexa compatible, o devandito cambio resulte regulamentaria, técnica ou obxectivamente imposible ou non poida esixirse por motivos xustificados. Esta licenza finaliza cando desapareza o risco.

• PRESTACIÓNS RECUPERADORAS por incapacidade permanente nos seus diferentes graos.

• INDEMNIZACIÓNS por lesións, mutilaciones ou deformidades permanentes non invalidantes que, sen chegar a constituír incapacidade permanente total ou absoluta ou gran invalidez, supoñan unha alteración ou diminución da integridade física do funcionario. Percibirase esta indemnización POR UNHA SOA VEZ e na cantidade que se estableza regulamentariamente.

 • PERÍODO DE OBSERVACIÓN DA ENFERMIDADE PROFESIONAL OU ACCIDENTE LABORAL que será tratado como un suposto mais de INCAPACIDADE TEMPORAL. Estes periódos computaranse a efectos da duración máxima da prestación.

A LICENZA DE BAIXA POR ACCIDENTE DE TRABALLO ou ENFERMIDADE LABORAL será a que esixa o tempo que leve a TOTAL CURACIÓN, pero, no momento en que se prevexa que a enfermidade ou lesión por accidente pode ser impeditiva INICIARASE DE OFICIO ou A INSTANCIA DE PARTE, o procedemento de JUBILACION POR INCAPACIDADE PERMANENTE PARA O SERVIZO.

A retribución durante as baixas temporais por accidente de traballo ou enfermidade laboral serán desde o primeiro día ata o seu término o 100% das retribucións que percibise o funcionario no mes anterior a producirse o accidente ou enfermidade. É moi importante que na licenza por enfermidade  se faga constar que é por ACCIDENTE DE TRABALLO ou ENFERMIDADE LABORAL,  porque se a consecuencia dela nos tivesen que xubilar por incapacidade permanente para o servizo pasariamos a percibir o 200 por 100 da xubilación, calquera que sexa o tempo de antigüidade que teñamos (o mesmo para as pensións de viudedaz ou orfandaz).


Ademais para aqueles que pertencemos a CLASES PASIVAS, como esta lei non recoñece o Accidente in Itinere pero MUGEJU si, axudarános moito no expediente de xubilación chegar cunha baixa por accidente in itinere se nos obrigan a ir aos tribunais.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.