lunes, 10 de diciembre de 2018

Evaluación de riscos das funcións que realizan os servizos comúns de notificacións e embargos fora das sedes xudiciais

Dentro das importantes cousas conseguidas por STAJ no terreo da prevención, alcanzadas, moitas delas tras múltiples denuncias presentadas ante a Inspección de Traballo, destacamos a Avaliación de Riscos realizada no SCACE de Santiago, en concreto no relativo ao traballo fóra da sede xudicial. TAREFAS DE CAMPO do persoal que realiza as súas funcións fóra da sede do Xulgado, extensibles a Médicos Forenses, servizos de notificacións e embargos e demais xestores e auxilios de partidos xudiciais que non conten con servizo de notificacións e embargos.


A avaliación de riscos realizouse a PRIMEIRA E UNICA vez no Servizo de Notificacións e Embargos de Santiago de Compostela. O resultado desta avaliación realizada en Santiago vaise a extrapolar a todos os demais órganos de Galicia, é dicir, que non se avaliará ningún outro lugar porque entende a administración que todos os posibles riscos que poidan enfrontar os traballadores xa se atopan recollidos na realizada en Santiago como tarefa de campo. 

Seguir lendo


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.