viernes, 23 de noviembre de 2018

STAJ reunirase o martes co Grupo Popular do Senado.

Froito das mobilizacións a nivel nacional e a presión que estamos a exercer cos traballadores, e trala petición realizada desde STAJ, o vindeiro martes manteremos reunión con responsables da comisión de Xustiza do Grupo Popular, entre os que confirmou asistencia o exministro Rafael Catalá e verdadeiro autor da reforma que tanto dano pode facer ás nosas condicións laborais, se non se retira.

As mobilizacións non remataron e se desta reunión non sacamos conclusións positivas e plenas garantías de que a reforma será retirada, anunciaremos novas e contundentes mobilizacións.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.