jueves, 15 de noviembre de 2018

Formación de carácter obligatorio en Riscos Laborais

No día de onte, sae publicado no DOG a resolución de data 5 de novembro de 2018, pola que se convoca un curso de formación de caracter  obrigatorio en prevención de riscos laborais dirixido o persoal da Administración de Xustiza con destino nos partidos xudiciais de SANTIAGO DE COMPOSTELA, FERROL, LUGO E OURENSE.

Conforme establece o artigo 19 da Lei 31/95, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en cumprimento do deber de protección en materia de riscos laborais, "o empresario deberá garantir que cada traballador reciba unha formación teórica e práctica, suficiente e adecuada, en materia preventiva". 
Aqueles traballadores que no momento da que empece o curso se encontren en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedarán excluídos do mesmo, debendo  ser comunicada a incidencia a EGAP con  carácter inmediato.
As solicitudes deberán ser presentadas a partir do día de  HOXE,  so poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as  8:00 horas  de hoxe ata as  23:55 horas  da data de finalización é entenderánse presentadas unha vez que se complete correctamente o cproceso de matriculación.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.