miércoles, 14 de noviembre de 2018

A Xunta pagará o 100% das IT tra-la folga de xustiza

Na intranet acaba de publicarse a Resolución do 14 de noviembro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza pola que se ditan as instrucións sobre retribucións do persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia nos casos de incapacidade temporal por continxencias comúns.

Esta resolución acaba con todos os descontos por incapacidade temporal para aquelas persoas que estiveron de baixa por I.T. dende 1 de agosto en adiante, tanto para o persoal do réxime xeral da Seguridade Social coma no réxime da Mutualidade Xeral Xudicial.

Este punto foi un dos cabalos de batalla da folga de xustiza polos que estivemos pelexando durante tres meses, É UN ÉXITO DE TODO O COLECTIVO, que soupéstedes pelexar e sacrificarvos por rematar con esta discriminación flagrante que a Xunta nunca quixo arranxar e que nos tiña marxinados respeto dos nosos compañeiros/as doutros territorios e dos Xuices, Fiscais e Letrados. Esto levase a cabo hoxe, ao unísono e nas mesmas condicións, que o publicado no BOE que supón a  fin dos descontos para os compañeiros do ámbito Ministeio

Agora ven un Sindicato oportunista, sí o maioritario, ese que todo o bo o consiguen eles e todo o malo e culpa dos outros, a opropiarse do voso esforzo e sacrificio e vende unha vez máis, sen nengún tipo de escrúpulos e sen ruborizarse que grazas a eles se logrou acabar cos descontos na baixas, tomándovos por parvos e parvas, despreciando o voso sufrimento e valentía . Hai que ter cara!!!. 

Nos tèmolo claro, a ningún Sindicato asinante do mal Acordo lle debedes nada, todo o reflexado nese mal pacto foi froito da vosa pelexa, e se non fose pola deslealtade o Acordo sería moito mellor e maís doado de conseguir.

Noraboa aos traballadores e traballadoras da Xustiza en Galicia por conseguir co seu esforzo esta eliminación tan necesaria dos descontos por I.T.

Ver Resolución


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.