miércoles, 17 de octubre de 2018

Curso de prevención de riscos no partido xudicial da Coruña

Mañán día 18 de outubro as 23.55 horas termina o prazo de inscripción no curso en prevención de riscos laborais publicado no DOG de 8 de outubro. A inscripción tense que facer a través da EGAP no enderezo:  https://egap.xunta.gal/

O curso vai  dirixido ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino no partido xudicial da Coruña. 

O Curso impartirase en modo teleformación cunha duración de 3 horas e consta de 6 edicións (3 edificións do 22 ó 26 de outubro e outras 3 edicións do 5 ó 9 de novembro).

O coñecemento dos riscos aos que nos expoñemos e, como evitalos é un dereito amparado na LPRL, por iso constitúe un pilar fundamentalda política de prevención de riscos de calquera empresa é por ende na Administración de Xustiza.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.