jueves, 13 de septiembre de 2018

STAJ reitera de novo que se convoquen Mesas Sectoriais

En xullo do presente ano este sindicato presentou un escrito ante a DXX solicitando a urxente convocatoria das mesas de negociación (normativa de substitucións, orde de xornada e horario, nova normativa interinos, prolongacións de xornada) que levan pendentes máis dun ano. (ver escrito presentado en xullo)

Non recibindo resposta algunha por parte da Xunta nin convocatoria oficial de ningunha mesa sectorial, STAJ volve reiterar a petición levada a cabo en xullo, instando á DXX para que convoquen o máis pronto posible as Mesas Sectoriais.

Cremos necesario retomar as Mesas de negociación canto antes, e tratar con urxencia asuntos que estaban enriba da mesa fai maís dun ano, dado que a última mesa foi no mes de Setembro de 2017.

Por todo o exposto, queremos que se convoquen de forma inmediata as Mesas Sectoriais nas que se aborde materias como a modificación das Substitucións, a nova Orde de xornada e horario, regulación das Comisións de Servizo, a nova normativa de persoal interino, regulación das prolongacións de xornada, entre outras. Así como a urxente convocatoria do Comité de Saúde e Seguridade Laboral.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.