miércoles, 12 de septiembre de 2018

Acción social

Hoxe ás 10 da mañá fomos convocados pola Dirección  Xeral a unha reunión que  tiña por obxecto informar a todalas centrais sindicais do tema de "a acción social" deste ano, a tal fin comparece a Subdirectora que nos trasladou o seguinte:

Ao longo deste semana, pénsase remitir a lista provisional de solicitantes de acción social ao  DOGA para a súa publicación este Venres  dia 14  ó como moi tarde o luns día 17 na que se fará constar o prazo de corrección de 10 días, por iso, os interesados poderán comprobar a listaxe a través da  OPAX. 

Este ano houbo:
  1. 100 solicitudes das cales 5 son dobres polo que hai un total de 105.
  2. unha delas  fué denegada por falta de firma
  3. e 12 foron denegadas provisionalmente  por algún dos seguintes motivos:
  • Por pedir un tramo distinto ao que lle correspondería
  • por poñer como beneficiario ao solicitante cando o beneficio é para un fillo.
  • Por apreciarse erro na relación existente entre o solicitante e o beneficiario.
Estas denegacions o ser provisionais poderanse enmendar no prazo de 10 días hábiles.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.