martes, 24 de julio de 2018

STAJ solicita á Direción Xeral que actualice as horas que aparecen como debidas polo persoal que secundou a folga

No OPAX, na pestana "histórico" do control horario,  ao persoal que secundou a folga aparécenlle débedas horarias na consulta de horas dos meses anteriores. Nalgúns casos supera as 300 horas e isto impide ter un control exhaustivo das horas que se poidan deber, de ser o caso.

STAJ presentou escrito dirixido á Dirección Xeral de Xustiza no que solicita que se actualice o balance horario do OPAX e que se elimine esa débeda horaria, xa que esas horas están máis que descontadas nas nóminas de quen secundou folga e ninguén quere que  figure en ningún lugar débeda algunha coa administración, e menos cando non existe tal.


Escrito presentado

Xustificante da presentación


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario