miércoles, 11 de julio de 2018

STAJ pide que se activen as Mesas Sectoriais.

En septembro fai un ano que se celebrou a última Mesa Sectorial na Administración de Xustiza en Galicia, deixando pendentes de tratar e negociar temas de suma importancia para o colectivo.
Cremos necesario retomar as Mesas de negociación canto antes, e tratar con urxencia asuntos que estaban enriba da mesa fai un ano, e outros aos que se lle ten que dar prioridade e solucións axeitadas.
Queremos que se convoquen Mesas Sectoriais  nas que se aborde materias como a modificación das Substitucións, a nova Orde de xornada de traballo e horario, a regulación a nivel Galicia das Comisións de Servizo, a nova normativa de persoal interino, regulación das prolongacións de xornada, etc. Ao que lle hai que engadir a convcatoria urxente do Comité de Saúde e Seguridade Laboral.
Ver escrito presentado
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.