jueves, 5 de julio de 2018

Nin subvencións nin cursos de formación

Un ano máis STAJ segue renunciando as subvencións as que ten dereito a nivel estatal e autonómico, e para que quedase claro que somos os únicos a nivel nacional, publicamos unha noticia donde nos remitíamos as subvencións publicadas no BOE e donde non aparece a nosa organización como adxudicataria de nengunha partida económica repartida polo Goberno Central entre os Sindicatos representativos no territorio nacional.

Esa senda, que invitamos a recorrer a  tódalas demáis organizacións, abriuna STAJ moitos anos antes de que outros nacesen como Sindicato na Xustiza  Galega, senda que ten un recorrido autónomico e estatal. Neste senso alegrámonos ver como este outro Sindicato  segue a senda marcada pola nosa organización e renuncia  as subvencións de carácter autonómico.

A nosa noticia, neste caso,  falaba de subvencións nacionais publicados no BOE, e nese ámbito somos os únicos que renuncian as subvencións, ese Sindicato  non pode renunciar a ningunha partida que se publique no BOE porque fora de Galicia non ten representación e tampouco esta na Mesa de negociación do Ministerio, o contrario sería renunciar a nada, porque a nada ten dereito.

STAJ non solo leva moitos anos renunciando as subvencións, se non  que tamén renunciou a dar cursos de formación con cartos públicos, outro xeito de financiación de determinados Sindicatos (vemos estos días como máis dunha organización sindical está a ofrecer cursos), neste eido consideramos que debe ser a propia Administración quen imparta os cursos, proporcionando os medios materiais, tecnicos e personais para os mesmos, sen intervención nengunha dos Sindicatos, que debemos limitarnos a propoñerlle a Administración os cursos que consideramos máis adecuados para  o colectivo. Despois pasa o que pasa.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.