Por suposto que chegaron os descontos dos días de folga de maio para aqueles que fixéstedes folga nese mes, e os descontos na paga extraordinaria=sueldo e trienios, contía adicional e paga adicional (estes tres conceptos integran o que lle chamamos a paga extra).Nas pagas extras non se cobra CAT, Complemento do Posto nin Productividade
Primeiro pagan a mensualidade de xuño completa, nela contémplase a subida mensual do CAT, pero non a todos/as os atrasos do mes de maio, como anunciou onte mesmo un sindicato asinante do Acordo, polo que quedan a debernos a moitos a subida de maio.
Despois pagan a PAGA EXTRA diminuida en proporcion aos días de folga que se fixeron, prorrateados entre 182 dias (do 1 de decembro ao 30 de xuño). Nesta paga entra por un lado o SOLDO e os TRIENIOS, por outro a CONTÍA ADICIONAL que supón distintas cantidades por Corpos (Xestión 372 euros, Tramitación 349 e Auxilio 282) a esto debémoslle sumar a PAGA ADICIONAL COMPLEMENTARIA que supón estas cantidades por Corpos ( Xestión 407, Tramitación 355 e Auxilio 332).
Despois aplican os descontos aos que fixéstedes algún día de folga no mes de maio.
O lío gordo ven pola famosa cláusula 9 do Acordo (ratear os descontos que non se fixeran ata final de ano) que lle deberían aplicar a quen non pediu que non se lle ratease os descontos pendentes, pero incluso, polo que sabemos, tamén se lle aplicou este rateo a algúns que pediron que non lle fixeran tal cousa. Estes compañeiros/as cobran mais que na nómina de decembro, na que non houbo desconto algún, en vez de repartirlle o desconto en varios meses, resulta que lles ingresan CANTIDADES demáis, non sabemos neste momento o motivo, sexa cal sexa, supoñemos que despois llo irán quitando, son moitos afectados, non é un erro.
Parece cousa de tolos. Xa vos contaremos a explicación que nos dan, se a teñen.
Parece cousa de tolos. Xa vos contaremos a explicación que nos dan, se a teñen.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.