Unha vez máis, como cando estiveron meses negociando por
detrás con Rueda, os delegados de SPJ-USO intentan xogar ao despiste con
todos/as nós. Nun comportamento digno de covardes, utilizan a un delegado seu
de Ourense para poñer unha denuncia en Fiscalía, a título persoal e duns feitos
que non presenciou, pensando que deste xeito os compañeiros e compañeiras non
vos iades dar conta da extratexia ruín que intentaban levar a cabo para que
non se relacionase a denuncia co seu
sindicato. Sí, o denunciante foi nas listas de SPJ-USO por
Ourense nas últimas eleccións, e saliu elexido delegado, denunciou de oídas
como se fose un cidadán exemplar, responsable e comprometido co sufrimento do
próximo, eso sí non dixo nada da súa condición de sindicalista.
Nesta
estratexia marcada polo Conselleiro de Xustiza en moitas das súas declaración
aos medios, e dirixida polo seu amiguísimo Fiscal Xefe de Pontevedra, a SPJ-USO
tocoulle facer o papel do chamado “tonto útil”, e como non podía ser menos, as
ansias de protagonismo pódenlle. Aceptan
interpretar unha das persoaxes principais desta vendetta escrita por
Rueda para intentar que do conflito vivido na Xustiza só quede unha escena
de dor, sufrimento e sinsabores, e se
esqueza a traizón, a deslealdade e a manipulación, e de paso mandar un aviso a
navegantes doutros colectivos.
Despois da denuncia deste modélico
cidadán ourensán, veñen as declaracións infames, eso sí como testemuñas, non
como denunciantes que eles non querían denunciar a ninguén, de delegados e
afiliados de SPJ-USO, testemuñas que eles mesmos lle puxeron en bandexa á
fiscalía, implicando a diestro e
siniestro nun complot que só está no seu maxin, dando nomes de sindicalistas
como instigadores e de funcionarios/as, que agora o Fiscal podería acusar como
presuntos autores de coaccións (forza o
violencia física ou psíquica que se exerce sobre unha persoa para obligala a
decir ou facer algo en contra da súa vontade) nada menos.
Coaccións a quen? A quen usando a forza ou a violencia se lle impediu votar ou se lle
obrigou a votar o que non quería?. Neste senso, a máis determinante ata
o momento é a declaración do delegado de SPJ-USO en Pontevedra, que mediante
un xuizo de valor, non ten probas de nada, intenta criminalizar o que foi una
resposta espontánea e lóxica de reproche á deslealdade e ao engano. Este
delegado permítese, nun acto de cinismo absoluto, decir polos xulgados que o
chamaron como testemuña, que non sabía nada, que a súa obriga é declarar. Claro
que as testemuñas teñen obriga de declarar, neste caso estábano desexando, pero
esa obriga tamén se estende a dicir a verdade, esto parece que non o teñen tan
claro.
Faltan por coñecer máis declaracións de testemuñas. Ampliaremos esta información en canto o Fiscal Xefe cumpla coa LACrim e nos pase copia de todo o actuado, que ata o momento se nega.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.
No hay comentarios :
Publicar un comentario