Que mentres estea convocado o paro, o Comité de
Folga é o órgano de negociación adecuado é algo que está fora de discusión. Non só
dispono a normativa reguladora do dereito de folga, senón que niso coinciden todas
as organizacións sindicais de xustiza, excepto UXT, en declaraciones feitas aos
medios de comunicación:
“En primeiro lugar,
o presidente do comité de folga, (SPJ-USO), defendeu que o órgano de
negociación é o que o preside tendo en conta que "está a folga
vixente". Con todo, recoñeceu que o seu sindicato "non rexeitará
acudir a ningunha mesa". "No momento no que estamos válenos calquera
foro para falar pero o seu é o comité de folga, constituído legalmente",
sinalou.
Pola súa banda, (Alternativas na
Xustiza- CUT) asegurou que sería unha "ilegalidade" negociar
neste órgano mentres estea a folga convocada e avanzou que levará o asunto aos
servizos xurídicos do seu sindicato. Un aspecto no que profundou CIG, que
subliña que "non sería legal tratar calquera punto dos reivindicados polo
comité nunha mesa sectorial". "Sería unha fraude de lei",
incide.
"PECHE",
NO COMITÉ
"Nós celebramos que a Xunta nos chame
pero cremos que a mesa sectorial non é o foro adecuado. Se nos convocan,
iremos; pero o peche da folga ten que producirse no comité", apuntou o portavoz
de STAJ.
Pola súa banda, tal
e como explicou, CSIF levará a petición da Xunta a asembleas internas. Con
todo, lembra que esta organización asumiu o non dos traballadores á oferta
actual da Xunta e continúan no comité.
Ademais, aínda que
non está presente nel, CC. OO. tamén recoñeceu que lle corresponde ao
"comité" pechar o conflito que, a xuízo de Constantino Novoa,
"ten que terminar dunha vez". "Se é unha mesa sectorial iremos
pois somos membros de pleno dereito e, se optasen por chamar ao comité, e se
nos convidan a ir, estaremos nel", sinalou antes de incidir en que "a
folga non pode estar suspensa sine die".
noticia completa en galiciaconfidencial.com
STAJ quere deixar claro que se esta semana somos
convocados a mesa sectorial, inda sabendo que non é o foro adecuado e que o
peche final ten que producirse no comité, acudiremos e participaremos nela,
como non pode ser doutro xeito, co obxectivo de tentar finalizar o conflito
canto antes e esperando que a Xunta acuda con intención clara de negociación
nos dous puntos que neste momento céntrase o desacordo.
Agora ben, se tal como manifesta Alfonso Rueda aos medios de
comunicación “La Xunta acudirá al
encuentro con la misma oferta que los funcionarios rechazaron el 27 de abril en
votaciones, pues Rueda explicó que ya fue "negociada" en su momento,
en reuniones en las que participó personalmente al margen de los focos con
representantes de SPJ USO, FeSP UGT, CSIF y CCOO”, entenderemos que convocarnos á mesa sectorial sería
innecesario posto que o acordo podería ser aprobado pola Xunta de Galicia e
eses catro sindicatos que alcanzan a maioría da representación sindical. Por tanto demandamos que
na devandita mesa sectorial haxa unha verdadeira negociación e non unha mera representación formal de algo
xa pactado no que STAJ non participou e
que en absoluto compartimos.
noticia completa en abc.es