jueves, 15 de marzo de 2018

A Xunta convoca ao Comité de Folga para o luns

CONVOCATORIA

Co obxecto de retomar as negociacións en materia de mellora das condicións laborais do persoal ao servizo da  Administración de Xustiza competencia desta Comunidade Autónoma, convócase ás persoas integrantes do Comité de folga para o día 19 de marzo, ás 11:00 h, á reunión que terá lugar na SALA E  do Complexo Administrativo de San Caetano (Edificio da Pirámide) de Santiago de Compostela.
 Atentamente,  

Juan José Martín Álvarez

O director xeral de Xustiza