martes, 13 de febrero de 2018

Información sobre os actos de folga previstos

Na Coruña, hoxe é festivo. O Mércores asamblea ás 12 para explicar todo o acontecido na reunión coa Xunta de Galicia 
(Prégase vir vestido de negro).

En Pontevedra, hoxe Martes asambleas ás doce. Mércores festivo.
Xoves desayuno reivindicativo.

En Ourense hoxe é festivo.

Santiago de Compostela concentracion ás12 nos xulgados coma todo os días.

En Lugo e Ferrol hoxe é festivo. Concentración todos os días ás 12.

En Vigo hoxe ás 10.00 horas invitamos a tod@s traballador@s a participar nos piketes informativos dos xulgados de Vigo. Logo ás 12.00 horas haberá unha asemblea no colexio de avogados de Vigo para explicar todo o acontecido na reunión coa Xunta de Galicia de onte e na asemblea tamén explicaremos como organizar o almorzo solidario para o mércores 14 de febrero.