jueves, 15 de febrero de 2018

DECLARACIÓN DA COMISIÓN EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE DE PONTEVEDRA

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Pontevedra, na súa reunión ordinaria do día 12 de febreiro de 2018, ACORDOU por unanimidade manifestar o seu total apoio ás  xustas reivindicacións dos/das traballadores/as da Administración de Xustiza, que veñen soportando situacións de agravio comparativo en relación ao resto de traballadores/as  de Xustiza doutras Comunidades Autónomas.

Os Socialistas esiximos á Xunta de Galicia que se sente a negociar de boa fe cos representantes sindicais coa intención seria de rematar coas discriminacións existentes a día de hoxe.

Pontevedra, 12 de febreiro 2018





Asdo: A Secretaria Xeral
Maica Larriba Garcia