jueves, 8 de febrero de 2018

A Dirección Xeral non sabe como atallar a altísima participación na folga

Ao longo da mañá de hoxe tivemos coñecemento de que a DXX volveu a meter a pata unha vez máis, nesta ocasión obrigando a implicarse aos Letrados/ as da Administración no nomeamento e localización dos funcionarios destinados nos seus órganos xudiciais. E en caso de non localizar ao persoal relacionado para servizo minimos a semana que ven, manteñen ao persoal de servizos mínimos de hoxe a mañan toda a semana, ILEGAL, ímolo recurrir e denunciar nos Xulgados de Garda

Non creron que a folga tivese a participación que ten, sempre pensaron que non ibamos a ser capaces de entran na folga indefinida con esta FORZA e DETERMINACIÓN. Esto quedalles grande e non saben como atallalo.

Sí, estas persoas que planfican todo esta "trapallada"  e outras que o permiten e avalan, son as mesmas que levan dirixindo a DIRECCION XERAL dende fai anos, COMO NON VAI ESTAR A XUSTIZA GALEGA COMO ESTA? COMO NON IMOS A SER OS ULTIMOS EN TODO? 
VAIA TROPA!!



Deixámosvos unha copia do escrito que recibiron os Letrados/ as respecto ao nomeamento de servizos mínimos para a semana do 12 ao 16 de febreiro de 2018.
O que deberían facer desde o primeiro momento era unha relación completa con todo o persoal de cada órgano xudicial e logo seguir o ciclo ao chegar ao final, como nas relacións enviadas ás Fiscalias, e non soamente enviar tres días desta semana sabendo que a folga indefinida comezaba onte mércores 7 de febreiro. En fin, máis do mesmo. Non poderán connosco. 

ÁNIMO E FORZA COMPAÑEIROS!!
NON Á DISCRIMINIACIÓN DA XUSTIZA GALEGA