martes, 23 de enero de 2018

Servizos mínimos folga 25/'1/2018

POR MAIL QUE MANDOUA DIRECCIÓN XERAL COMUNÍCANOS QUE OS SERVIZOS MÍNIMOS PARA O DÍA DE FOLGA DO 25 DE XANEIRO SON OS MESMOS QUE OS DOS DÍAS 1 E 13 DE DECEMBRO PASADO

Comunícasevos que para a folga convocada para o día 25 de xaneiro de 2018, manteranse os servizos mínimos que se negociaron coas organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Xustiza para as folgas dos días 1 e 13 de decembro de 2017 e que se estableceron pola Orde do 29 de novembro de 2017 (publicada no DOG o día 30.11.2017:


DEIXÁMOSVOS O CONTIDO DA ORDE:

No ámbito da Administración de xustiza débense garantir os medios para que os actos necesarios do Rexistro Civil, as actuacións que afecten ou poidan afectar a liberdade das persoas como son as causas con preso, as medidas precautorias, as actuacións sometidas a prazo perentorio ou a un prazo cuxo incumprimento poida supor unha perda de dereitos ou un prexuízo irreparable nestes, e as actuacións dos xulgados e fiscalías de garda e dos servizos de garda do Imelga se poidan realizar en calquera situación, polo que se debe considerar que, ao menos, estas actuacións son servizos esenciais para garantir o servizo público. Preténdese, pois, unha proporcionalidade entre as necesidades que é preciso cubrir e a garantía do exercicio do dereito de folga dos traballadores. Neste sentido, o establecemento do persoal mínimo para garantir os ditos servizos esenciais debe tomar en consideración as diferenzas de dotacións existentes nos órganos xudiciais, xa que estas diferenzas impiden unha uniformidade na fixación do número de funcionarios que deben constituír os mencionados servizos mínimos. Con base no anteriormente exposto, considéranse servizos esenciais:
– Actuacións do Rexistro Civil.
– Rexistro de asuntos en que venza un prazo preestablecido por lei.
– Todas aquelas actuacións en que venza un prazo establecido na lei cuxo incumprimento poida supor unha perda de dereitos ou un prexuízo nestes.
– Medidas precautorias ou provisionais.
– Servizos de garda de xulgados, fiscalías e Instituto de Medicina Legal de Galicia.
– Xuízos orais na orde penal e causas con preso.
– As actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos.
En virtude do exposto, e logo de acordados os servizos mínimos co Comité de Folga na xuntanza do 28 de novembro de 2017, no exercicio da facultade atribuída polo artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma,
DISPOÑO:
Artigo único
Establécense, no ámbito do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, os seguintes servizos mínimos durante a folga convocada polas organizacións sindicais SPJ-USO, AXG-CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG e CC.OO. para os días 1 e 13 de decembro de 2017 en todos os centros de traballo da Administración de xustiza en Galicia:
– Nas seccións penais e mixtas das audiencias provinciais e nos xulgados do penal: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a e 1 funcionario/a de auxilio por cada dúas seccións ou xulgados.
– Nos xulgados de menores: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.
– Nos xulgados de violencia sobre a muller: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a e 1 funcionario/a de auxilio.
– Nos xulgados de instrución de garda: o equipo de persoal que presta o servizo de
garda.
– Nos xulgados de primeira instancia e instrución de garda: o equipo de persoal que presta o servizo de garda.
– Nas oficinas de fiscalías: 1 funcionario/a por cada oficina e os/as funcionarios/as que presten o servizo de garda.
– Nas subdireccións territoriais do Instituto de Medicina Legal: o equipo de persoal que presta o servizo de garda.
– Nos rexistros civís principais e delegados: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.
– Nas oficinas de rexistro e repartición e nos decanatos dos xulgados que realizan as ditas funcións nas cidades: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.