miércoles, 17 de enero de 2018

RESOLUCIÓN DO 15 DE XANEIRO DE 2018, DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, REFERENTE Á COLABORACIÓN DO PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA COA MUTUALIDAD GENERAL JUDICIAL

A misión executiva desconcentrada de aproximación ao mutualista e de enlace cos servizos centrais, requiren dun traballo auxiliar de apoio administrativo ao delegado, que comprende tarefas tales como a asistencia directa ao mutualista, a tramitación de altas e baixas, a expedición de tarxetas de afiliación e outras de carácter similar. A realización das ditas tarefas véuselle encomendando, sen regulación formal ata o de agora, de forma moi reducida e como colaboradores voluntarios, a persoal da Administración de xustiza destinado en cada provincia, sen exención das súas funcións propias e como actividade accesoria, sendo compensada economicamente cunhas pequenas cantidades trimestrais, aboadas ininterrompidamente con cargo ás dotacións orzamentarias da mutualidade e establecidas na súa contía por esta. 

O número de colaboradores en cada provincia establécese de acordo co tamaño do colectivo de mutualistas e beneficiarios existentes en cada unha delas. Por canto antecede, e co fin de regular formalmente as referidas colaboracións, esta dirección xeral, no exercicio das súas funcións, resolve:

Primeiro: Autorizarse ao persoal da Administración de xustiza a colaboración coa Mutualidad General Judicial para a realización de tarefas accesorias de atención ao mutualista, asesoramento e apoio auxiliar ao delegado provincial da mesma en cada provincia, dentro do ámbito competencial territorial do Ministerio de Xustiza.

Segundo. Establecer un número máximo de colaboradores a designar en cada provincia, segundo o cadro que a continuación se detalla: PROVINCIA COLABORADORES:

A CORUÑA 3 
LUGO 2 
OURENSE 3 
PONTEVEDRA 2


Terceiro. Autorizarlle ao referido persoal colaborador a percepción das compensacións económicas que estableza e determine a Mutualidad General Judicial, as cales serán aboadas integramente por esta con cargo ás súas dotacións orzamentarias.
RESOLUCIÓN