viernes, 12 de enero de 2018

PERMISO POR EXAMES DE XESTIÓN E TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA

Lembramos que aqueles que acudan a realización dos exames de xestión ou tramitación de promoción interna os vindeiros días 20 e 21 de xaneiro correspóndelles (según o art. 5 da resolución do 8 de abril de 2009) un permiso para concorrer a exames finais e demás probas definitivas de aptitude. "A duración será polos días da súa realización, incluíndose os necesarios para realizar a viaxe cando o exame e demáis probas se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia".
 
Xustificación:
- Documento acreditativo da asistencia á proba de aptitude, ao examen final ou á proba de acceso ou ingreso á función pública, no cal conste o lugar, a data e mas o centro de realización das ditas probas.
- Acreditación da viaxe o día anterior e posterior, no caso de ter lugar a proba fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Prazo para a presentación da xustificación: Non más de 15 días dende o remate o permiso.
O permiso poderase solicitar a través da OPAX en permisos por exames finais e demás probas definitivas de aptitude.