martes, 30 de enero de 2018

A desesperación da Direccion Xeral de Xustiza.

Durante o fin de semana chegáronlle as nóminas ao compañeiros/as de Madrid e de Asturias, e nelas recollese a suba correspondente a este ano 2018 dos Acordos firmados para a mellora do complemento Autonomico. Aos compañeiros de Madrid ademáis pagáronlle xa en outubro os atrasos da subida corespondente a 2017,  lembrade que en Madrid o Acordo é con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2017.

Pois ben, estamos fartos de oirlles decir ó Director Xeral de Xustiza,  á Subdirectora de Persoal e incluso ó Director Xeral de Función Pública que os Presupostos Xerais do Estado prohíben calquer suba salarial os empregados públicos, e polo tanto en Galicia non se pode levar a cabo ningún incremento ata 2019.

Pero o Director Xeral de Xustiza e a propia Subdirectora foron capaces de ir máis aló nas súas falsedades e vaticinaron “que en Madrid e Asturias os Acordos firmados iban a quedar en papel mollado e que os compañeiros de ambos territorios non verían reflexado na súas nóminas a suba que se había pactado, que esperásemos a xaneiro”.

Como vedes pura demagoxia, falsedades e medias verdades para intentar frear o que se lles ven  enriba, e que non van a poder parar por medio de mentiras e enganos.

Sí, claro que se pode subir as retribucións dos empregado/as públicos, así se fixo en Canarias no 2016, en Valencia, en Cantabria, no País vasco, en Navarra, en Madrid en Asturias, en La Rioja etc,  en tódolos sitios menos en Galicia, parece que os Presupostos do Estado solo prohíben subidas salariais nesta terra.

Señor Director Xeral, Señora Subdirectora deixen de mentir, deixen de inventarse excusas para non afrontar as xustas demandas dos traballadores da Xustiza. Pensan vostedes que os empregados públicos da Administración de Xustiza somos parvos?. Poñanse a negociar con boa fe e con disposición clara e firme de chegar a acordos.

De verdade cren que lles van a servir de algo estratexias como está, ou a de falsear os datos de participación nas folgas, falsear os datos de xente que estaba de permiso o dia 25, intentar amedrentar cos descontos da folga, ou o ridículo cadro comparativo  que colgaron na intranet, donde non se recolle a productividade de moitos territorios, nin as subas acordadas para 2018 e 2019 noutros, e se quita a Navarra e o País Vasco, entón xa non son España?

Ademáis, nese cadro manipulado, nun alarde de menosprecio a intelixencia, que di moito da falta de  intelixencia de quen o fai e o permite, disgregan o Territorio do Ministerio en cinco Comunidades Autónomas, como si cada Comunidade Autónoma do ámbito territorial do Ministerio fose independente en materia de Xustiza. Por certo, Sr. Director e Sra. Subdirectora faltoulles Ceuta e Melilla. 

Tan desesperados están?.

Ainda non se enteraron que perderon toda a credibilidade, e agora xa solo son capaces de crear indignación e vergoña allea.

GRAZAS por motivarnos!!!