lunes, 4 de diciembre de 2017

Pola Dirección Xeral de Xustiza convocouse ao Comité de Folga para o vindeiro 07/12/2017 coa finalidade de explorar unhas bases de negociación para un posible acordo

1. Melloras retributivas (complemento autonómico transitorio).

Iniciaranse de xeito inmediato as negociacións para a mellora do complemento autonómico transitorio, co obxecto de ter acadado un acordo que poida ser efectivo no momento no que desaparezan os actuais impedimentos legais, impostos pola normativa básica en material de persoal.
As bases de negociación partirían do análise comparativo deste complemento na comunidade autónoma galega e nos outros territorios con competencias en materia de xustiza, tanto dende o punto de vista do seu importe como do seu carácter lineal ou diferenciado por corpos.

2. Consolidación de reforzos con máis de 3 anos.

No proxecto de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia para 2018, e en virtude do Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais para o desenvolvemento dun Plan de Estabilidade no Emprego dos Servizos Públicos, asinado o pasado 18 de outubro de 2017, figuran 36 prazas para a consolidación de reforzos de máis de 3 anos.
A negociación para a determinación das unidades ou servizos nas que deben ser creadas ditas prazas iniciarase de xeito inmediato, baixo a premisa de que ditas prazas poden ser creadas en distinta unidade ou servizo nos que actualmente se atopa o persoal de reforzo afectado e que unha vez creadas incluiranse no primeiro concurso de traslados que se convoque.

3. Plan de modificación dos cadros de persoal.

No ano 2012 aprobouse un plan chamado “Plan de modificación dos cadros de persoal”, que prevía a amortización de ata 106 prazas que, por diversas razóns (variacións das cargas de traballo en distintos órganos por causa das modificación das leis procesuais ou sobredotación dalgúns órganos en relación con outros da mesma categorías), se consideraron susceptibles de amortización. Dita amortización, que se iría producindo gradualmente, a medida que as prazas quedarán vacantes, non implicaba en si a minoración do número de postos de persoal funcionario xa que, como obxectivo primordial deste plan, figuraba o de:
 Consolidación de reforzos, entre eles os das Fiscalías, no marco do proxecto de implantación da nova oficina fiscal.
 Dotación de prazas en novos servizos ou xulgados.
 Reforzar os servizos comúns de apoio e decanatos.
Neste contexto, a Administración comprométese ao inicio de negociación para a creación de novas prazas naqueles órganos que se necesite, tendo en consideración as prazas susceptibles de amortización, incluídas no mencionado plan de 2012, e que a día de hoxe atópanse vacantes.

4. Retribucións en caso de incapacidade temporal.

Por parte da consellería competente en materia de xustiza impulsarase, en relación ao persoal ao servizo da Administración de xustiza dos corpos de médicos forenses, xestión e tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial, competencia da comunidade autónoma, a ampliación dos supostos nos que se pode establecer un complemente ata acadar, como máximo, o cen por cen das retribucións que se percibiran no momento que se produce dita situación de incapacidade temporal. En calquera caso, ditos supostos equipararíanse aos que hai establecidos para maxistrados, fiscais e letrados xudiciais.

5. Retribución das substitucións nun corpo superior.

As sentenzas producidas nesta materia, en particular as do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, impiden que a administración autonómica articule un complemento que cubra a diferencia de retribucións entre un posto superior e o inferior, ao non estar dita retribución prevista na normativa vixente sobre retribucións.
A articulación do dito complemento implica a modificación da actual normativa básica, recollida no vixente Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.
Á vista do anterior, a Administración autonómica comprométese a impulsar e reclamar da Administración estatal competente na materia para que se modifique o dito regulamento de xeito que se articule a asignación dunha cantidade que cubra a diferencia retributiva no caso da substitución dun funcionario/a dun corpo inferior no superior.