viernes, 1 de diciembre de 2017

FOLGA NA XUSTIZA GALEGA. EXITO TOTAL

O primeiro dar as GRAZAS!!! a todos os compañeiros que secundastes a folga de hoxe, que é o mesmo que dar as grazas á práctica totalidade dos funcionarios de xustiza de Galicia porque o seguimento deste día de folga foi masivo, os datos reais recollidos por todos os delegados sindicais xulgado por xulgado así o confirman. A media de participación no conxunto dos xulgados galegos foi do 88%. As porcentaxes concretas de participación son as seguintes:

A Coruña: 90%
Santiago: 75%
Pontevedra: 95%
Lugo: 75%
Ourense: 90%
Ferrol: 76%
Vigo: 95%

Tocaba facelo e os funcionarios xudiciais galegos estivemos á altura, estivemos á altura para decirlle á Xunta de Galicia que estamos fartos de ver como os compañeiros doutros territorios superan con fartura as nosas retribucións, e como moitos dos nosos dereitos laborais son ninguneados por un goberno que non se cansa de pisalos. Dixémosllo de forma clara e masiva, agora tócalle á Xunta sentarse a negociar, se non o fai seguiremos gritando que ESTAMOS FARTOS, que non digan logo que non llo dixemos.


NON Á DISCRIMINACIÓN NA XUSTIZA GALEGA

farodevigo.es
europapress.es
gloogle.es
google.es
atlantico.net
lavozdegalicia.es
lavanguardia.com
videoyoutu.be
Pontevedraviva.com