miércoles, 11 de octubre de 2017

STAJ reclama no Congreso dos Diputados mais personal e incremento retributivo para os funcionarios de Xustiza.

STAJ compareceu hoxe no Congreso dos Deputados para expoñer ante a Subcomisión de Estratexia Nacional de Xustiza os problemas principais que padecemos os funcionarios de Xustiza.

STAJ reclamou máis persoal, potenciación da promoción interna, solución á precariedade laboral, e un recoñecemento retributivo polas funcións e responsabilidades que asumimos os funcionarios.

STAJ mostrou o seu rexeitamento a medidas que supoñan unha privatización encuberta da Administración de Xustiza, debendo potenciarse mecanismos de mediación intrajudicial na que os funcionarios de Xustiza debemos ter un papel importante tal como a propia LOPJ prevé.

STAJ tamén reclamou mellores sedes xudiciais, modernización tecnolóxica, solución aos problemas da implantación da Xustiza Dixital, ou a revisión da organización da Oficina Xudicial mellorando o dereito á elección de postos de traballo e a potenciación da especialización dos postos.

STAJ reclamou máis formación impartida directamente pola Administración, sen intermediarios. Tamén apostou pola independencia xudicial que debe potenciarse a todolos integrantes da Administración de Xustiza para o que é preciso lograr unha verdadeira independencia económica de quen traballo nela.

STAJ tamén defendeu o carácter nacional dos Corpos e un estatuto xurídico único para todos os funcionarios da Administración de Xustiza de todo o Estado.

Por último STAJ rexeitou posibles proxectos de reorganización da Xustiza baseados na diminución dos partidos xudiciais e a desaparición dos Xulgados de Paz, así como a desjudicialización do Rexistro Civil reclamando o seu mantemento dentro da Administración de Xustiza coa mesma demarcación e funcións actuais.