martes, 10 de octubre de 2017

STAJ pide o aumento de plantillas nas Fiscalías de Galicia.

Como consecuencia do aumento da carga de traballo, de maneira desorbitada, nas Fiscalías de Galicia, tanto en asuntos penais, como civís e tamén no relativo a expedientes de menores, estase a producir un retraso no trámite, que perxudica ós administrados, que ven como os seus asuntos se retrasan semanas e semanas, pese o grande esforzó, non recoñecido, dos funcionarios que traballan nas oficinas fiscais de Galicia: En base a esto é urxente a dotación de máis persoal nas Seccións Civís, que son as máis atascadas, e dentro destas as áreas de Incapacidades as que máis, pero necesítase tamén persoal para a Sección Penal e para a Fiscalía de Menores, donde o aumento da entrada de asuntos fai imposible levar ó día os expedientes, e donde os funcionarios se ven sobrepasados pese o seu esforzó diario.

Cremos que este déficit de persoal é de carácter estructural, que se vai a necesitar máis persoal sempre, non só nun momento determinado ou durante un periodo de tempo.
Debemos ter en conta que no Decreto que regula a Nova Oficina Fiscal en Galicia, Decreto que foi elaborado por esa Dirección Xeral, se considera como ideal, para un mellor funcionamento das Fiscalías, a ratio de un funcionario/un fiscal, ratio que en ningunha Fiscalía se cumple e que consideramos na actualidade insuficiente, debendo aumentarse esa ratio polo menos no 20%.

Lembramos a promesa do Director Xeral de xustiza cando con motivo da amortización de 106 prazas en determinados Xulgados de Paz, nas audiencias Provinciais, e noutros órganos xudiciais de Galicia, dixo que esas prazas amortizadas non se perderían e que se crearían outras tantas noutros órganos e oficinas xudiciais de Galicia, e sobre todo nas Fiscalías.
Xa o pasado día 22 de marzo de 2017 STAJ solicitou da Dirección Xeral de Xustiza este aumento nas Plantillas das Fiscalías de Galicia.

SOLICITAMOS novamente que de xeito urxente se aumenten as plantillas da Fiscalía de Pontevedra, a de Vigo e a de A Coruña en 3 funcionarios, a de Santiago, Ferrol e Ourense en 2 e a de Lugo en 1 funcionario, todos do Corpo de Tramitación, por tratarse dun déficit de persoal de carácter estructural, e polo tanto se creen 16 prazas do Corpo de Tramitación para que se poidan ofrecer no próximo concurso de traslados.
Ademáis na Fiscalía de Santiago  se amplie a sua plantilla nunha praza do Corpo de Auxilio, pois solo conta cunha praza desta natureza, sento a todas luces insuficiente.
Tamén se debe dotar á Fiscalía de A Coruña de duas persoas máis do Corpo de Auxilo.

SOLICITAMOS asimesmo que de xeito provisional se nombren reforzos, ata que se creen esas prazas e se cubran de maneira definitiva por persoal titular no concurso de traslado do ano 2018.
ver escrito presentado e selado