miércoles, 9 de agosto de 2017

STAJ actúa e pide a paralización da xustiza dixital e a ampliación de medios para o persoal de xustiza

Como xa informamos no seu día, STAJ pediu a suspensión daqueles programas nos que a seguridade se está vendo comprometida así como as actualizacións dos certificados de acceso ós sistemas de telecomunicación; ante isto, o Ministerio de Xustiza e a Xunta de Galicia acordaron que en Galicia se reinstale a versión anterior do Minerva na que non se podían modifica-los documentos. Esta situación manterase ata que o Ministerio non publique a nova versión correxida, o que hai que ter en conta é que nesta última versión estaban os modelos actualizados dos documentos, como por exemplo os procedemos verbais, que levaban dous anos sen actualizarse e por mor da envergadura deste fallo na seguridade non se volva a unha situación  que perxudique a tramitación dos asuntos volvendo a modelos desfasados. 

Ademáis, tamén  solicitamos, e así se plasma na edición impresa de Galicia do diario La Región,  que o persoal conte cos equipos informáticos adecuados e a debida formación para o seu uso, que ata o de agora é manifestamente insuficiente forzando ós traballadores e traballadoras a unha forma de aprendizaxe autodidacta, incompatible coa eficiencia na utilización dos medios informáticos.
Eata foi publicado hoxe na edición escrita do diario La Región de Ourense:



En tanto desde o Goberno, seguen alardeando de que a era da modernización tecnolóxica por fin chegou á Xustiza, os nosos compañeiros seguen manifestando en toda España que os equipos informáticos (PC,s, pantallas e periféricos) son , nuns casos de escasa potencia para os programas que han de executar e, noutros casos obsoletos ou de ínfima calidade para o fin ao que están destinados.

STAJ tamén informou tanto a Rajoy como a Catalá de que estamos estudiando a posibilidade de emprender accións legais contra o Estado se se demostra que os datos dos funcionarios e funcionarias de xustiza foron indebidamente custodiados. O pasado 3 de agosto, STAJ xa esixiu nunha carta dirixida  a Catalá a dimisión dos responsables do fallo de Lexnet tras o ataque a un servidor interno da páxina web e que fora o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) o encargado da súa xestión, acceso e  control.

O pasado 7 de agosto o Secretario Xeral de STAJ, Vicente Navarro, remitiu outra carta solicitando ó presidente do Gobierno a súa "intervención personal" para encontrar "una solución radical" ante la inseguridad a la que se enfrenta la Justicia española.