jueves, 17 de agosto de 2017

convocados cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados Celga

No DOGA de hoxe, sale publicada a resolución de 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan con carácter gratuito, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán  entre setembro de 2017 e maio de 2017 en horaio de mañá e tarde  en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos preparatorios para os Certificados de lingua Galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Politica Lingüistica para certificar a súa competenia en lingua galega.
O prazo para presentar as solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2017 para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2018, para os cursos de segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Ver a Resolución completa no DOGA