jueves, 27 de julio de 2017

MUGEJU: implantación da receita electrónica.

O pasado 19 de xuño remitimoslle unha carta ao SERGAS e outra a MUGEJU interesandonos, por un lado, por a implantacion en Galicia da receita electrónica os beneficiarios da MUGEJU que optaron por la Seguridade Social para a prestación da asistencia sanitaria e famaceutica e por outro por a instauración para todo o persoal de MUGEJU que está en entidades medicas privadas da receita electrónica, co gallo de deixar de usar esos talonarios de receitas que parecen tercermundistas.

Na carta  instamos ao SERGAS e a MUGEJU a que chegaran un acordo para que ao persoal que esta na Seguridade Social, pertenecendo a MUGEJU, se lles aplique de inmediato a dispensación de medicamentos mediante a receita electrónica usada polo servizo galego de saúde para os beneficiarios  do sistema xeral da seguridade social.

O xerente da  MUGEJU acaba de contestarnos nunha carta na que di que se esta a elaborar un novo marco normativo para a habilitar posibilidade de impalntación da receita electrónica nun futuro próximo, asimesmo se chegou a un  novo Concerto co Consello Xeral de Farmaceuticos que persegue o mesmo obxetivo, e que estan empezando a contar coa colaboración dos servizos publicos de saúde de cara a que se implante para os mutualistas adscritos os servizos de saúde publicos.
Ver contestación MUGEJU