viernes, 23 de junio de 2017

STAJ solicita un complemento de peligrosidade para os SCNE

O pasado xoves mandamos escrito a Director Xeral co contido que segue:

Hai uns días que unha funcionaria do Servicio Común de Actos de  Comunicación de A Coruña foi agredida mentras intentaba realizar unha notificación, agresión que a mantén de baixa laboral.
Este incidente, ainda que de graves consecuecias, no é máis ca un dos que teñen que soportar os funcionarios/as dos Servicios de Actos de Comunicación de toda Galicia, que con motivo da realización do seu traballo son ninguneados e insultados a cotio por os propios interesados e por familiares e personas do entorno de aquel.
Ademaís os intentos de agresión, que despois quedan solo nun intento, son moitos mais frecuentes que os que saen a luz pública, e cremos que o risco de sufrir unha agresión e altísimo nestes Servicios, donde os funcionarios/as  se ten que  enfrentar moitos veces os malos modais e conductas agresivas de cidadans que se sinten equivocadamente “impunes” e con mais dereitos o  darse estas situación nos seus domicilios e ante unha persoa sola.
Pero os riscos de todo este persoal non rematan coa posibiliade de ser agredidos por determinadas persoas, tamén existe un risco altísimo de poder ser atacados por cans que gardan as viviendas (pisos e casas) dos cidadans os que hai que notificar, ademais dun maior risco en sufrir un accidente de tráfico o ter que desplazarse en coche toda a mañan para realizar as notificacións fora do casco urbán.
Cremos moi necesario que se tomen as medidas adecuadas para mitigar estes riscos evidentes aos que se enfrentan os funcionarios destes Servicios a diario, pero tamén cremos necesario que se contemple para todo este persoal unha maior retribución, fundamentada precisamente na peligrosidade que supon a realización das funcións que teñen encomendadas.
Como agora mesmo xa non existe o antigo complemento de peligrosidade, debese aumentar o CAT deste persoal para compensar económicamente a asunción dos riscos que describimos, aumento retributivo que debe ser asumido de xeito inmediato e nunha cantidade suficiente, como exemplo poñemos o que cobran por este motivo na Audiencia Nacional, 180 euros.

Polo tanto pedimos que se lles compense cunha maior retribución no CAT os riscos que asumen tódolos funcionarios do Servicios de Actos de Comunicación de Galicia, convocándose de inmediato a correspondente Mesa de negociación cos sindicatos.