martes, 27 de junio de 2017

STAJ solicita a implantación da receta electrónica para os/as usuarios/as da seguridade social titulares de MUGEJU

A Consellería de Sanidade de Galicia ten implantada dende o ano 2008 a receta electrónica para as persoas usuarias do sistema público de saúde. Pero para os/as funcionarios/as de xustiza  titulares da MUGEJU e beneficiarios/as do sistema público de saúde non está activa a receta electrónica,  na           farmacia non lle dispensan a medicación co só acceso ó sistema informático, senón que deben levar o talonario de recetas da MUGEJU.  STAJ remitiu escrito tanto ó SERGAS como á MUGEJU para que, mediante un Acordo de colaboración, se remate de implantar  a receta electrónica en Galicia para o seu uso polo persoal de xustiza titular da MUGEJU e  usuario do sistema público de saúde.

Pincha aquí para acceder ó escrito presentado