martes, 27 de junio de 2017

Presentada a proposta da nova Oficina Xudicial en Ourense

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou onte en Ourense nunha reunión con membros da Administración de Xustiza (xuíces-letrados-representación da xunta de persoal de Ourense) para poñer en común os resultados dos primeiros análises realizados de cara á implantación da nova oficina xudicial en Ourense.
Espérase que poida estar deseñada entre finais deste ano e os primeiros meses de 2018.

O modelo definitivo aprobarase unha vez feitas as achegas por parte dos colectivos implicados.