lunes, 26 de junio de 2017

O rotundo fracaso do "papel cero" na xustiza

As cifras do plan para dixitalizar a Xustiza, "papel cero", demostran o rotundo fracaso da medida. O gasto en papel durante 2016 alcanza máximos desde 2013, mentres que o gasto en tóner incrementouse un 700% nese período.

As imaxes dos carros da compra en pleno século XXI nos xulgados é unha mostra da falta de modernización da Xustiza. A medida imposta polo ministro Rafael Catalá o pasado 1 de xaneiro de 2016 cuxo obxectivo era precisamente evitar ese tipo de imaxes coa eliminación do papel nos xulgados tivo o efecto contrario: máis papel que nunca e máis gasto en tóner que antes. A pesar de que as demandas se tramitan por vía telemática, os xulgados dispararon o gasto en papel.