viernes, 23 de junio de 2017

Novo borrador Orde de interinos: pedimos aclaración a posibilidade de acumulación da bolsa de traballo e de reserva.

Hoxe mandamos un fax a Subdirectora do Persoal co texto seguinte:

O pasado dia 7 de junio recibimos un novo borrador da Orde de Interinos que recollía unha serie de alegacións que presentamos os Sindicatos o disposto no borrador anterior do mes de febreiro. Neste último borrador hai unha modificación que da lugar a confusión e que resulta contradictoria, no seu artigo 6 fala dunha bolsa de traballo e dunha bolsa de reserva, pero no artigo 7 o determinar o porcentaxe dos integrantes de cada bolsa segundo os puestos de cada corpo en cada provincia, agrupanse ambos porcentaxes e solo se determinan os da bolsa de traballo. Confusión que semella maior o ler o nota aclaratoria a pé de páxina que fai  a propia Administración, donde di que desaparece a bolsa da reserva da reserva, co que se da a entender que se pretende solo unha bolsa de traballo que recolla aos integrante da bolsa de traballo e da reservaa e unha bolsa de reserva coas persoas que antes formaban parte da reserva da reserva .

O día de hoxe a confusión e o rechazo entre o persoal interino é maiúscula, tanto esa confusón como ese rechazo compartimolo desde este Sindicato, pois non entendemos ben esa contradición entre os artigos citados. A inmensa maioría do colectivo de interinos, como este Sindicato opoñemonos a que desaparezca  a bolsa de reserva e sea sustiuida por unha bolsa da traballo que conte coas persoas que antes estaban en traballo máis os que estaban na reserva, no caso que sexa esa a intención da Administracióna a que me dirixo, ademáis ninguén pidiu esta reforma, nin a Dirección Xeral falou de tal posibilidade ata o momento. Debese ter en conta que ao alongar o plazo de 180 dias a 360 para pasar o fondo de cada bolsa, esta posible modificación, a que nos opoñemos, perxudica gravemente a posibilidade de que durante a vixencia da bolsa se produzca mais dun chamamento por persoa.

Cremos necesario unha aclaración por esa Dirección Xeral, os termos dos artgos 6 e 7 do novo borrador de interinos, e para que non quede lugar a dubidas, se acompañe esta aclaración cun novo borrador donde se dispoña dunha forma clara, como ata o momento, dunha bolsa de traballo, outra de reserva e a reserva da reserva, e os porcentaxes de cada bolsa  sexan negociados cos Sindicatos na reunión pendente. Novo borrador que debe ser remitido aos Sindicatos para o seu estudo antes da celebración da correspondente Mesa de negociación.

Pontevedra a 23 de xuño de 2017.