martes, 27 de junio de 2017

A Dirección xeral abre prazo de alegacións para aclarar os artigos 6 e 7 do borrador da bolsa de interinos

O día 23 de xuño, este sindicato remitiu á Dirección xeral de xustiza escrito solicitando a aclaración dos artigos 6 e 7 do novo borrador de interinos, en concreto pedíaselle que se remitira a devandita aclaración ós sindicatos para o seu estudo antes da convocatoria da mesa sectorial e que se elaborara un novo borrador que eliminara claramente esa posibilidade,  en caso de existir a mesma.

A inmensa maioría do colectivo de interinos, como este Sindicato opoñemonos a que desaparezca  a bolsa de reserva e sea sustituida por unha bolsa da traballo que conte coas persoas que antes estaban en traballo máis os que estaban na reserva, no caso que sexa esa a intención da Administracióna a que me dirixo, ademáis ninguén pidiu esta reforma, nin a Dirección Xeral falou de tal posibilidade ata o momento.

Pincha aquí para ver o escrito presentado

Hoxe, hai escasos minutos, a Dirección xeral remitiunos por mail que se abre o prazo para que os sindicatos aleguen ás porcentaxes das bolsas do artigo 7 antes do venres 30 de xuño.


"Con data 07.06.2017, e cara á súa inclusión na orde do día da próxima mesa sectorial, enviouse o borrador da Orde sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.
O dito borrador incorporaba algunhas das alegacións formuladas polas organizacións sindicais nas anteriores mesas técnicas, que incrementaban as admitidas anteriormente.
Por outra parte, o borrador incorporaba tamén unha modificación que non foi solicitada polos sindicatos, pero que a Administración apreciou que debería incorporarse debido á evolución dos datos dos chamamentos realizados, exclusións e suspensións, das distintas bolsas actualmente en vigor. Dita modificación, consistente no incremento do número de integrantes das bolsas de traballo e reserva tense rexeitado por escrito por parte de determinadas organizacións sindicais.

Por tanto, a efectos de coñecer a opinión de todas as organizacións sindicais para manter ou reformular no seu caso as porcentaxes das bolsas, solicitamos que nos remitan as consideracións e propostas que se estimen oportunas ao respecto antes do venres 30 de xuño."