martes, 25 de abril de 2017

STAJ esixe á Dirección Xeral de Xustiza a ampliación de plantilla no xulgado mixto núm. 4 de Betanzos


Reiteramos novamente as nósas protestas e escritos enviados á Dirección Xeral de Xustiza, co fin de acabar coa desigualdade en materia de persoal do xulgado mixto núm. 4 de Betanzos respecto ao resto dos Xulgados da localidade. 

O devandito xulgado conta con tan só un único funcionario do corpo de auxilio xudicial, e o resto de xulgados contan con dous auxilios xudiciais; este sindicato non entende dita discriminación que xa puxo no seu momento en coñecemento da DXX e que novamente volvemos reiterar, pois a Administración non pode unilateralmente facer e desfacer o persoal dos xulgados ao seu antoxo, creando á súa vez un conflito co resto de xulgados, pois son éstes os que teñen que substituír ao funcionario cando pida un permiso, cause baixa ou calquera outra circunstancia que lle impida acudir ao seu posto de traballo, atrasando así o xulgado de orixe e o de destino. 

Por este motivo STAJ urxe a ampliación da plantilla nunha plaza de funcionario de auxilio xudicial no xulgado mixto núm. 4 de Betanzos, e mentres non se cubra polo titular corrrespondente sea nomeado un reforzo do corpo de auxilio xudicial para dito xulgado.