lunes, 24 de abril de 2017

Oferta Publica de Emprego XUSTIZA 2016

O Ministerio comunícanos sobre a OFERTA DE EMPREGO 2016 de corpos xerais, o seguinte:

Seguen traballando cos borradores das convocatorias de oposicións. Como todos os anos será primeiro a convocatoria de PROMOCION. Logo convocasen os libres. Teñen idea dunha vez terminado o borrador nolo remitiran aos sindicatos para posterior e preceptiva negociación. Como data probable da negociacion mes de maio

Mantemos a mesma información que vos trasladamos en varias ocasións.

"A idea do Ministerio é avanzar todo o posible, se poden convocarán promoción antes do verán, mes de xuño, e para setembro, máximo outubro convocasen os procesos libres." Non poden confirmar estas datas como seguras a día de hoxe porque non teñen pechados todos os trámites"
Lembrarvos que este proceso "non é concurso-oposición para os libres".

Lembrámosvos que seguimos esixindo melloras para a promoción e a recuperación do 50% . LEVANTÁMONOS EN ULTÍMA MESA CELEBRADA, STAJ e resto de sindicatos pola nula información e propostas.

En breve solicitarannos nomes para a composición legal dos Tribunais, xa iniciaron as peticións ás CCAA e ao CGPJ

Así mesmo informarvos que " parece ser"que nos convocan a Mesa de negociación a semana que vén, NON COÑECEMOS A ORDE DO DIA ATA QUE NON NOS CONVOQUEN FORMALMENTE.

NON FACILITARON MAIS DATOS SOBRE A OPE 2017 seguen pendentes dos PGE. En cunto facilítennos información trasladarémosvola. Non imos realizar comunicados que non se axusten á realidade.


Alégranos saber que outros sindicatos, por fín, manteñen as reivindicacións que desde STAJ levamos realizando desde hai anos.