lunes, 13 de marzo de 2017

STAJ pide a actualización do Expediente Persoal Electrónico.


Fai xa máis dun ano que a Dirección Xeral instalou no OPAX o chamado Expediente Persoal Electrónico, que consideramos unha ferramenta válida donde deben constar todos os datos do funcionario público actualizados, sendo de moita utilidade a hora de solicitudes, concursos de traslado, substitucións, etc, pois si os datos que figuran están actualizados e son correctos, aforraríamos  presentar títulos, certificados, diplomas, etc.
 
Desde este sindicato e dadas as queixas dos funcionarios, vistos varios expedientes electrónicos pudemos detectar que existen innumerables erros, entre os máis comúns podemos enumerar os seguintes:
DATOS DA ADMINISTRACIÓN.- Non están actualizados.
TITULACIÓN.- A titulación do funcionario non se corresponde coa actual.
CURSOS.- No apartado de cursos, ou non constan, ou só constan algúns dos realizados, incluídos os de galego.
DESTINOS.- En case todos os expedientes visualizados só consta o destino actual, faltando os destinos anteriores, polo que de nada serve ao funcionario este dato.
ESCALAFÓN.- Cremos que é o sitio adecuado donde debe figurar o escalafón de cada un, eso sí actualizado cada ano.
Por este motivo desde STAJ, solicitamos a Direccion Xeral de Xustiza:
Que o máis axiña posible se proceda á corrección e actualización de oficio e publicación correcta de todos os datos que a Administración á que me dirixo debe posuír e que deben figurar no noso expediente persoal. Así mesmo, pedimos que tamén figuren os datos relativos ao escalafón.