martes, 21 de marzo de 2017

Obras nos edificios xudiciais de Ourense

Todas as actuacións previstas para este ano executaranse no edificio xudicial e no Pazo de Xustiza. Así, nos sotos do edificio xudicial emprazarase a Oficina de información ao cidadán e atención á vítima coa creación dun corredor que facilite a comunicación entre a zona restrinxida e a zona común; executaranse traballos de carpintería exterior no Imelga e no xulgado de garda para facilitar a súa ventilación, onde tamén se procederá a mellorar a climatización da súa sala de espera, así como a colocación dun sistema de control de acceso coa tarxeta profesional dende o exterior á zona restrinxida para os profesionais que traballan no edificio co obxecto de facilitar a fluidez no acceso do público. Ademais, tamén no edificio xudicial, está previsto a instalación dun sistema de extracción de gases no espazo destinado no garaxe ao furgón policial para a condución dos detidos.
Canto ao Pazo de Xustiza, ao abeiro deste plan de traballos menores de mantemento e reparación que busca manter as edificacións xudiciais en óptimas condicións de utilización, executaranse obras nas oficinas do segundo andar para a redistribución da sección 1ª da Audiencia provincial de Ourense, coa dotación de espazos para unha sala de espera para as testemuñas e tamén para unha sala de prensa. Tamén procederase á creación dun despacho nas oficinas da Fiscalía provincial para acoller o posto de recente creación de coordinador/a da Oficina fiscal.