martes, 14 de febrero de 2017

STAJ SOLICITA O ABONO INMEDIATO DO CAT

O Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza (STAJ), presento onte dous escritos solicitando o abono inmediato do complemento autonómico (CAT), un deles dirixido á DXX e o outro deles ao CIXTEC.


Neste ano 2017 non deberiamos de sufrir ningún desconto no CAT, dado que así se comprometeu en setembro de 2016 Núñez Feijoo, despois de 4 anos de recortes no complemento autonómico e sendo esta a única Comunidade Autónoma que os sofre.

Hai dúas semanas recibimos e abonousenos a nómina do mes de xaneiro do presente ano, onde non estaba reflectida esta promesa da que tanto alardeo a Xunta e o Sr. Núñez Feijoo, esta vez poñendo como excusa que os Orzamentos de Galicia non estaban aínda aprobados, pois ben, aprobado os orzamentos de Galicia polo Parlamento e publicados no DOG do xoves 9 de febreiro, entendemos que xa non hai máis impedimentos para que se nos sexa abonado o devandito complemento autonómico (CAT), tanto nas nóminas mensuais como na nomina de xuño e decembro.

A día de hoxe temos coñecemento de que as nóminas de febreiro que se están confeccionando seguen mantendo o desconto no CAT, e vai a seguir sendo así, dinnos nas habilitacions, si no prazo curto de días a Conselleria de Facenda non publica as Instrucción de confección de nominas para o ano 2017, recollendo o fin do recorte.

Non podemos permitir seguir sufrindo máis recortes nin descontos nas nosas nóminas, como así está a ocorrer desde xaneiro de 2013, polo que STAJ solicita á DXX que se proceda ao abono integro do CAT nas nóminas de febreiro, así como á devolución dos 9 e 24 euros que respectivamente se lles descontan aos corpos de Tramitación e Xestión na nomina de xaneiro deste ano.