jueves, 16 de febrero de 2017

A Dirección Xeral de Xustiza comunica a próxima convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde

No dia de onte, e, tras peticións efectuadas neste sentido por STAJ, (escrito de 25.1.2017), -petición efectuada tamén no escrito solicitando a avaliación de riscos psicosociais do Xulgado de Ordes 1 e Instrucción 3 de Santiago-,  a Dirección Xeral remite a todas as Centrais Sindicais un correo electrónico para dar a coñecer a "orde do día" que se desenvolverá no Comite de Seguridade e Saude que ten pensado convocar para ese mesmo mes de febreiro aínda que non sinalou dia e hora para o efecto.

Na referida orde do día, ten pensado darnos a coñecer a programación anual do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e informar respecto das seguintes cuestións:
-   avaliacións de riscos e outras actuacións xa realizadas por este Servizo de prevención,
-    implantación de plans de emerxencia e evacuación,
-  solicitudes de adaptación de postos e adscricións provisionais por motivos de saúde.

Ademas informarase de cuestións na súa dia expostas por STAJ, tales como:

1.  Actuacións efectuadas nos edificios xudiciais de Padrón, Santiago de Compostela e Corcubión derivadas das inspeccións efectuadas pola Inspección de traballo a consecuencia de denuncia presentada na súa dia por STAJ  (Denuncia ante inspección de traballo).

2. Avaliacións de riscos psicosociais que en concreto este sindicato solicitou que se realicen nos Xulgados de Primeira Instancia e Insrucción numero 1 de Ordes e Xulgado de Instrución numero 3 de Santiago de Compostela (non se facilita copia destas solicitudes por razóns obvias de confidencialidade ao estar afectados compañeiros destes centros de traballo).

3. Protocolo de acoso  laboral, instrumento neste momento tan necesario e sendo o noso colectivo O ÚNICO no territorio galego, que carece da protección a que o mesmo se refire ante comportamentos e actitudes  respecto das cales se require "tolerancia cero" en aras dun ambiente laboral san e en consecuencia produtivo no cal todos saímos beneficiados.

STAJ, no seu momento, tal e como se acordou na constitución do Comité de Seguridade e Saude Laboral do pasado mes de outubro,  presentou unha proposta de protocolo (VER PROPOSTA), só quédanos esperar que o sentido común e o desexo de querer facer ben as cousas, permita que vexa a luz o mais pronto posible UN PROTOCOLO CONTRA O ACOSO LABORAL debidamente acordado por todas as partes implicadas na súa confección para que realmente constitúa unha vía real de protección e non un mero cúmulo de boas intencións sen utilidade real.


Desde aquí, animamos a todos os compañeiros a que se impliquen neste proxecto, facilitando aos representantes dos traballadores e xa mais concretamente aos delegados en materia de prevención todas as súas inquietudes e ideas para ser plasmadas nun instrumento que deberá ser garante dunha protección real e efectiva ante calquera conduta "desviada" que veña de onde veña, menoscabe a dignidade de calquera traballador.