jueves, 12 de enero de 2017

MESA TÉCNICA: Borrador Orde de Interinos e Consolidación de Reforzos, Bolsa de Horas, Prolongacións de Xornada e Comisións de Servizo

Hoxe tivo lugar a Mesa Técnica que versaba sobre modificación dá Orde de Interinos e a Consolidación de varios dos reforzos existentes en Galicia. Ante de entrar nos temas do Orde do día se nos informou dás seguintes cuestións:

1.- Bolsa de Horas: segue mantendose mentras non recuperemos de maneira efectiva os tres moscosos que tiñamos e que nos roubaron.

2.- Prolongacións de xornada: como  a administración chegou ao momento de "non saber nalgúns casos", o motivo da existencia desas prolongacións, tomouse a decisión de poñer "o contador a cero" e que sexan os organos xudiciais que necesitan eses reforzos, quen o volva a solicitar a través de algún órgano ou mecanismo que para ese efecto se vai a establecer esta mesma semana ou ao mais tardar para a seguinte. A grande maioría delas se van a volver conceder

3.- Funcionamento de novos órganos xudiciais: nesta materia, non teñen nada claro o tema das datas, e explica: "teñen que crearse por real Decreto e ou ministerio aínda non  ou fixo,  e ademais o Ministerio ten que publicar unha Orde acordando a súa entrada en funcionamento, a partir de ahi, tense que poñer en contacto coa Xunta de Galicia quen, antes de contestar o Ministerio, poñerase en contacto co TSJ polo tema do personal e tamén está o nomeamento dos Xuíces e dos Letrados, pois terá que existir un concurso de traslado para estes que deberá ser resolto antes da entrada en funcionamentos dos novos Xulgados. Mentres non entren en  funcionamento os novos Xulgados, estarán traballando os órganos de reforzo de a Coruña e Vigo

4.- As Comisions de Servizo,  sacaránse un mes ou mes e medio antes de que comenzen a funcionar os novos órganos.

CONSOLIDACIÓN DE REFORZOS: Neste punto a cousa queda como está de momento, pois considera a DXX que a sentenza que coñecimos a semana pasada que anula o cesamento de tres reforzos, cambia o panorama e teñen que estudiar a súas consecuencias e que buscarían unha solución a nivel de toda a Xunta de Galicia e non solo de Xustiza, ainda que teñen vontade de consolidar un numero de reforzos, asi como non prolongar os reforzos máis alo de tres anos, como lle leva pedindo STAJ por escrito desde fai anos.

BORRADOR DA NOVA ORDE DE INTERINOS: a verdade e que non se adiantou nada neste tema e despois de que o director xeral fixera un resumo das cousas que cambian con respeto a orde en vigor, se nos emplazou para o martes 17 as 9 da mañan para analizar e facer alegacións artigo por artigo do borradr da Orde, quedando a  Mesa de ese día que ia tratar das Substitucións para o día seguinte 18, se fose posible